menu Menú
UN LIBRO PROVOCADOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 17, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
ROSA DÍEZ E O "COLMO DEL DESPROPÓSITO" Anterior EU QUERO SER O DUQUE DE TEIS Siguiente

Vén de saír ao mercado un libro que non sei se debo cualificar de valente, de temerario, de cómico ou de necesario, obra do profesor francés Pierre Bayard e que leva por título: Cómo hablar de los libros que no se han leído.
A tese é clarísima, e moi verdadeira: ao falar dos grandes da literatura, a meirande parte da xente fala de oídas, de reseñas e de lapelas. Aos grandes da literatura, polo xeral, non os leron nin a metade dos que din que os leron. Pero, iso si, é moita a xente que presume de telo feito a pesar de que non.
Como se fose algún pecado non ter lido algunhas desas obras.
En calquera caso, toda unha labazada nos fociños de moito pedante de todo a cen.
( Por certo e antes de que alguén me diga algo: eu non lin o libro en cuestión )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar