menu Menú
VAN ODIARME POR ESCRIBIR ISTO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 29, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Escoita o primeiro capítulo de 'In Vino Veritas' Anterior PRESENTACIÓN DE 'IN VINO VERITAS' EN VIGO Siguiente

Van odiarme por escribir isto, pero a culpa última do peche do Galicia Hoxe, e de A Nosa Terra, e de Vieiros, e do que poida chegar a ser que remate pechando para que siga o esnaquizamento colectivo, é én boa parte nosa, da sociedade civil, da xente que non le xornais en galego, que non os compra, como non merca música en galego, nin paga por ir a un concerto. Claro que as institucións non axudan, cando están obrigadas por lei. Claro que o lingüicidio programado dende os sectores neocons que nos gobernan axuda ao exterminio. Claro que si. Pero non nos enganemos. A nosa é unha sociedade suicida, que se odia e que desexa ese exterminio, máis preocupada hoxe polo Celta, o Dépor e o Lugo e os seus fracasos que pola lingua ou a cultura.

Este é o país que hai. Coas súas contradicións. Coas súas cousas boas e con moitas, moitísimas, malas. Tanto, que nin sequera saben que son malas. Para eles é normal. E punto.

Van odiarme por escribir isto. Pero temos o país que nos merecemos. Quen nos goberna non o fixo por un golpe de estado, senón porque gañou as eleccións e con maioría absoluta. Así que as conclusións son claras, porque o PP non enganou a ninguén cando mantiña aquel discurso do castelán perseguido e que querían restablecer a liberdade lingüística, avisárono, que pensaban así e que ían actuar así, contra diso que eles teñen clarísimo da imposición do galego, hai que foderse e perdón polo exabrupto. Daquela, insisto, debo concluir que a  maioría dos galegos NON queren galego. A maioría dos galegos queren que se chame LA Coruña. Igual calquera día se cargan a sanidade ou o ensino público, os elixidos democraticamente e, daquela, só poderemos dicir que esa é a vontade do pobo noso, que a xente QUERE que se privaticen eses servizos, queren que se PERDAN as conquistas sociais. Non lles votaron? Pois daquela respectemos a súa sacrosanta vontade democrática.

Que me odien. Pero estou farto. O que nos pasa é culpa nosa. Toda. Toda absolutamente. Eu xa non choro máis.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar