© Francisco Castro 2018
Francisco Castro
Benvida. Benvido. Son Francisco Castro. Escritor. Director Xeral de Editorial Galaxia. Vivo nos libros. E nas palabras. Entra e dá un paseo.
Videoselfis racistas
Fíxose viral un vídeoselfi dun candidato italiano que se grava cunha muller xitana de fondo (seguramente tan italiana coma el) pedindo o voto para o seu partido ultra para eliminar aos xitanos. Todo indica que van sacar un excelente resultado electoral. Sobre iso, e as conexións ultras españolas, e sobre todo o que vai vir […]
Libros prohibidos
Falta pouco, moi pouco, para que por aquí empecen a facerse listas negras de libros prohibidos. Pode parecer un vaticinio tolo o meu, pero neste artigo explico por que o digo. E virán máis Rushdie. Isto non fixo máis que comezar. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Se es nena, prohibido rir
“Entre o moito que levo lido estes días pola triste efeméride, unha nova érguese sobre as demais para chamar a nosa atención. Leo que os talibáns golpean as nenas que vexan sorrindo. Xa non digo gargallando. Rindo. Ese é motivo de malleira pública. En Afganistán as mulleres non poden sorrir. Punto”. O meu novo artigo […]
El despido de Pete Best y otras anécdotas poco conocidas de Los Beatles
Hoxe houbo que madrugar para pasar polo programa desa xornalista cultural extraordinaria que é Susana Pedreira Buján quen dirixe en Onda Cero, para toda España, o programa UN ALTO EN EL CAMINO. Falamos dos Beatles e todas esas cousas que non se saben e que conto no meu traballo ESO NO ESTABA EN MI LIBRO […]
Palabras
Estamos perdendo as palabras. Os nosos políticos cada vez falan peor. Gobérnanos xente que non sabe facer unha subordinada. Falan como se emitisen chíos do Twitter. Non poderiamos soportar un debate como os de La Clave por iso moitas “estrelas” dos faladoiros pasan de argumentar e só repiten consignas. Mentres, as Humanidades desaparecen da escola […]
Entrevista en LA TARDE de Onda Cero
Hoxe fun entrevistado por Pilar Cisneros no seu programa LA TARDE da Cadena COPE. 20 minutos de agradable conversa arredor dos Beatles. Sobre o minuto 34 aproximadamente. Velaquí queda.
Eso no estaba en mi libro de los Beatles, de Francisco Castro Veloso
Que na mítica EFEME falen así sobre min e sobre o meu libro ESO NO ESTABA EN MI LIBRO DE LOS BEATLES… Só podo dicir: YEAH, YEAH, YEAH!!! Queda aquí.
As poucas luces
Temos a política en mans de xente moi limitada pero que manexa moi ben a mensaxe simple, o prexuízo e a irracionalidade. Trump, Bolsonaro, Ayuso, a xente de VOX. Populistas pero dos malos. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
El colegial, la colegiala y otros iconos musicales
En El Periódico de Villena, hablan así de bien sobre mi libro ESO NO ESTABA EN MI LIBRO DE LOS BEATLES: “narrado de forma desenfadada, en un libro que apuesta por un enfoque divulgativo más orientado a lectores profanos, pero que por otra parte tampoco puede faltar en la biblioteca de cualquier beatlemaníaco que se […]
O día en que deixe de emocionarme escribir, deixarei a profesión
Hoxe, La Voz de Galicia publica unha entrevista na que falo, logo de que a miña novela “Xoán, Xoana” recibise o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil deste ano, sobre a miña paixón por escribir. Queda nesta ligazón.
¿Pero no se había contado ya todo sobre los Beatles?
A voltas coa memoria democrática
Por suposto que hai que buscar os milleiros de mortos que están nas cunetas. Por suposto que hai que investigar os crimes da ditadura. Por suposto que hai que reparar a dor dos que sufriron. Como un partido político pode opoñerse a algo decente? O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
“ISTO SI É UN HOME. UNHA MIRADA MASCULINA CONTRA O PATRIARCADO” DE FRANCISCO CASTRO
No blog Lecturafilia ocúpanse do meu libro Isto SI é un home. Aquí.
ESTAMOS AQUÍ
Estamos aquí para facer memoria. Porque a memoria, faise. A memoria dos pobos non aparece porque si, non cae do ceo e moito menos dos púlpitos ou dos cuarteis. A memoria facémola entre todas e todos, a sociedade civil libre, liberada, maiore de idade e sen tutelas. A memoria do que debe ser constantemente relembrado. […]
Cero coñas
CONTROLADOS. CENSURADOS… CERO COÑAS En 2022 podemos dicir que en España hai censura. No caso concreto do humor, sempre tan necesario para controlar aos poderosos e para facer pensar, máis ca nunca. Estamos nun instante de Cero Coñas. Controlados. E sen risas. O meu novo artigo en La Voz de Galicia.
A miña vida contada en fotos
Los Beatles
Artículo de la escritora Ros G. Perea sobre mi libro Eso no estaba en mi libro de los Beatles en Andalucía Información. Aquí.
TANTOS ANOS DE SILENCIO en Telemiño
A actriz Manuela Casal Domínguez falou moi ben do meu libro Tantos anos de silencio en Telemiño. Velaquí.
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.