© Francisco Castro 2018
Mañá cúmprense 60 anos do primeiro concerto de The Beatles en The Cavern de Liverpool. Eu tiña que escribir sobre isto nas páxinas de Cultura de La Voz de Galicia. Espero que vos guste. Queda aquí.
Velaquí queda a entrevista que me fixeron hoxe no Galicia por Diante Fin de Semana, da Radio Galega, pois tal día coma hoxe pero de 1969, publicaban The Beatles o seu LP, YELLOW SUBMARINE. A conversa foi ben divertida!
Os que nos toman as decisións, alcaldes, presidentes autonómicos, do goberno, ignoran os informes dos expertos porque primeiro pensan nas consecuencias electorais de tomar medidas impopulares. Asusta ler que se poderían ter evitado miles de mortos. O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
O mércores no Club Faro haberá un coloquio arredor da pregunta ‘Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?’ Interveñen: Arantza Portabales (escritora) e Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia; escritor), o mércores, día 13 de xaneiro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/ Príncipe, 54). — Presenta: Tamara Novoa (directora e editora […]
Quixeron facernos crer que Estados Unidos era unha democracia, un país libre e o modelo a imitar. En serio? Falemos claro sobre os Estados Unidos de América. O meu artigo en La Voz de Galicia.
Velaquí o meu derradeiro artigo en La Voz de Galicia deste 2020. Falo sobre o suposto ataque á liberdade das familias que supón a Lei Celáa. Igual se está usando a palabra “liberdade” dunha maneira algo impropia. Oxalá vos guste.
Unha das trolas máis insoportables que temos que soportar en Galicia é que o español está perseguido porque obrigamos a falar en galego. É tan brutal, que doe. E sobre iso escribín hoxe en La Voz de Galicia.
Feliz e agradecido á xornalista María Jesús Argibay Iglesias quen hoxe dedica o seu blog ao meu IRIDIUM e que esta semana pasada entrou na prestixiona Lista IBBY de Oslo. Tómao como punto de partida para reflexionar sobre o maltrato político á Lei de Dependencia (cuxos recortes deixaron xa fóra a 300.000 persoas que o […]
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Reflexiono sobre esa especie de plató de programa malo no que se converteu o Parlamento español nos últimos tempos, con berros, insultos, apupos e toda clase de comportamentos moi pouco democráticos. Con VOX á cabeza, é un lugar onde nada se debate e todo […]
Aquel 9 de decembro de 1980 chegounos a noticia. Eu tiña 14 anos e foi o meu amigo Fito quen me deu a nova: mataron a John Lennon, seica un tolo lle disparou e está morto. Lémbrome deitado na cama chorando, a escuras, cos ollos pechados e tentando asimilar a noticia. Lembro que meu […]
Acaban de comunicarme que o meu libro IRIDIUM vén de ser incluído na prestixiosa Lista IBBY de Oslo que recoñece, bianualmente, os mellores libros do mundo no tratamento da discapacidade. Este é un recoñecemento moi importante que, ademais de incluir o libro no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (máis […]
Este domingo La Voz de Galicia inicia unha colección de libros de Historia. Entre outros títulos vai publicar “Unha historia de Galicia” de Miguel Anxo Murado. Sobre a súa obra falo hoxe no suplemento Fugas.
Velaquí o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia. Reflexiono sobre a traxedia que é que nos convertesen nun gran destino turístico, un lugar de sangría e balconing. Un país sen industria pensado para que o turista atope escravos (camareiros, kellis…) en estado de precariedade permanente para que así todo sexa barato. Logo […]
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.