menu Menú
A ( BENDITA ) ILÓXICA DA CREACIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 6, 2008 0 Comentarios 2 min lectura
RÍNDESE Anterior SE PECHARAN BALAÍDOS... Siguiente


Os que dedicamos parte do noso tempo á creación, ás veces, reflexionamos sobre os por ques da súa producción. Como é que nace unha idea. Baixo que circunstancias agroman eses lóstregos que terminan convertendo unha intuición nunha novela, nun relato, nunha canción, nun cadro…
Cada un ten a súa resposta. E todas serán diferentes. Mais o que si teño claro é que sempre hai un mundo entre o que un pensaba facer e o que despois termina sendo.
E esa ilóxica é a verdadeira beizón do acto creativo. Porque a forza da historia, ou da melodía, ou da luz que queremos atrapar no cadro, lévanos onde ela quere, non onde nós queremos.
Polo xeral os productos resultantes son froito do traballo. Pero hai que ter sempre as antenas acesas. Jaureguizar explicábao moi ben o outro día.
Ben todo isto a conto de que hoxe a prensa conta que unha das cancións que máis quero, Across the Universe, dos Beatles, e que desde hai un par de días é emitida por un trebello da NASA ao espazo exterior ( en dirección á Estrela Polar; desde logo non podían facer mellor escolla ), foi composta por Lennon despois dunha rifa monumental con Cynthia, a súa primeira esposa. Berráronse. Estaba cabreadísimo. E nese estado, e disposto a verquer toda a súa carraxe, saíulle unha fermosísima balada que, a fin de contas, fala de case que todo menos de odio. Máis ben, de amor universal e de liberdade.
A creación é ilóxica.
Velaí a nosa fortuna.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar