Este serán escoitei, nunha emisora de radio, un anuncio, en castelán, informando de que estes días a Xunta de Galicia estaba a divulgar a enquisa famosa. O anuncio, insisto, estaba en castelán. Que eu saiba, é a primeira vez ( aínda que podo trabucarme, pero coido que non ) que a Xunta de Galicia contrata publicidade en castelán. Eu sempre lembro as campañas institucionais en galego. Por iso deixo aquí constancia de dúas cousas: do meu cabreo, e deste outro anuncio que veño de fabricar nese autobús, que é de mentira pero que é para vós. Un exercicio de contrapublicidade.
Por certo: o anuncio remata coa frase «la educación sí que es importante». Certo. Tanto, tan importante é, que non debería de deixarse, nunca, en mans dos pais e das nais.
Porque a sanidade tamén é importante, pero deciden os médicos. E as leis tamén son importantes, e deciden os xuristas. Pero de educación, xa se sabe, como de fútbol, calquera pode opinar.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.