menu Menú
¿DE QUE DEBERÍA HABER UN MINISTERIO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 7, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
EU QUERÍA ESCRIBIR COMO GULUBÚ Anterior NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (9) Siguiente

O outro día atopei esta foto nun xornal. Non tiña idea de que en Cuba existía un Ministerio del Azúcar. Pareceume absolutamente marabilloso e poético. Ademais, a instantánea, con esa anónima muller que entra (¿a por azúcre?), pareceume do máis suxestiva.

E pensei en como sería un mundo no que houbese un Ministerio para Darlle as Voltas Ás Cousas, ou un país no que existise un Ministerio do Amor ou un Ministerio Contra Naufraxios Emocionais ou algo así.

Daquela, a pregunta vai para vós: ¿de que debería haber un Ministerio?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar