menu Menú
Dende o tempo de Rosalía de Castro nada mudou
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 24, 2016 0 Comentarios 1 min lectura
Decembro e eu Anterior Co meu 'Spam' en italiano Siguiente

rosalia_castro

Leo hoxe no Sermos Galiza que hai hoxe 155 anos que Rosalía de Castro publicou o seu primeiro texto en galego. Foi no número 47 de «El museo universal», daquela, a máis importante revista ilustrada da súa época. O máis impresionante deste feito, ademais do feito de que fose en galego, iniciando así o noso Rexurdimento, é que é unha primeira versión do que logo será o «Adiós, ríos/adiós fontes» cunha estrofa que logo, cando se editou en libro, suprimiu, segundo sinalan algúns expertos coma Francisco Rodríguez, pola censura.

Concretamente, eses versos din así:

Por xiadas, por calores
desde qu´amañece ó día
dou á terra os meus sudores
mais canto esa terra cría
todo… todo é dos señores. 

Todo é dos señores….mais actual non pode ser. Señores como poderosos e señores como homes. En plena crise, gañando máis os que xa máis teñen. Hoxe en día, concentrando máis poder e máis riquezas. Ou se queredes, os pobres, cada vez máis pobres.

Sempre digo que Rosalía de Castro escribiu para a súa época e tamén para a nosa. E, polo que se adiviña no futuro, tamén para as épocas que virán. Por iso a súa obra é clásica e inmorrente.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar