menu Menú
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. 80 ANOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 6, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
A RÚA DOS LIBREIROS DE BAGDAD Anterior A GRAN NOVELA DE SPRINGFIELD Siguiente


Hoxe Gabriel García Márquez cumpre 80 anos. Tamén neste 2007 conmemóranse 60 do seu primeiro conto, 40 de Cien años de soledad, e 25 do Nóbel.
Eu sempre conto a mesma historia: cando tiña 15 anos e non ía moito por clase e estaba ocupado en todo menos no estudio ou a lectura, chegou ás miñas mans Todos los cuentos, de Gabriel García Márquez en Bruguera. Podo verme a min mesmo deitado na cama, tapado ata as orellas para protexerme do frío que facía na casa dos meus pais, e lendo ese libro e, literalmente, sen ser capaz de parar de ler, devorándoo, abraiado diante de cada palabra, de cada historia, de cada personaxe. Lembro moi en concreto un conto, Eva está dentro de su gato, que contaba xusto a historia que aquel adolescente desleixado e moi, moi desnortado que eu era, precisaba que lle contasen.
Despois caeron todos os demais, todos os clásicos da súa bibliografía.
Hoxe cumpre 80. E aínda que xa non vivo a súa literatura como antano, só polo moito que nos deu nalgunhas das súas obras, deséxolle que chegue, cando menos, aos 100 anos, pero non en soidade.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar