menu Menú
O QUE PAPÁ NOEL PODERÍA TER DEIXADO ÁS CRIANZAS DE VIGO (OU DA CORUÑA)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 25, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UN EIRADO ERMO Anterior ¿SERVE PARA ALGO O GALEGO... EN FINLANDIA? Siguiente

papa-noel

Pasou o 25 de decembro, funfunfún, e Papá Noel esqueceu de novo dalgunhas cousas importantes.

Falo polo meu fillo agora.

O 24 fomos convidados a tomar unha copa de champán, a familia enteira, no bar no que sempre paramos. A medias da celebración, un dos camareiros, que levaba un chisco falando co meu rapaz (14 anos), vai e di: Es el primer chico de esta edad que conozco en Vigo que hable siempre en gallego.

Máis tarde, xa na casa, soou o teléfono e el colleu. Alguén preguntaba se era unha inmobiliaria. Claramente, non. Como adoita suceder moitas veces cando a xente se trabuca, insistiron, como se os trabucados fósemos nós e non tiveramos claro que era unha casa particular e non unha inmobiliaria: si, mira, te llamo de Torrecedeira (unha rúa de Vigo), por lo del piso que hablamos. O meu rapaz insistiu en que non era alí. Antes de colgar, escoitou como o que preguntaba lle dicía a alguén que estaba con el: sí que me debí equivocar, porque creo que era un portugués el que me cogió.

¿Que é o que Papá Noel podería ter deixado en Vigo para as súas crianzas (ou na Coruña)? Unha cidade onde falar a lingua propia non resulte un estigma de rareza.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar