menu Menú
ORWELL VIVE EN GALICIA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 27, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
¿QUE ENTENDEMOS POR UNHA CULTURA RENDIBLE? Anterior UN EIRADO ERMO Siguiente

palada

Leo en El Correo Gallego de hoxe este titular:

O PPdG inicia con forza a súa loita contra o ‘galego con imposicións’.

O que demostra que Orwell vive en Galicia.

Na novela 1984, Orwell explica como o estado totalitario fai crer absurdas mentiras ao pobo, para que as tome, a forza de repetilas, como verdadeiras. Os tres dogmas son: A guerra é a paz, A liberdade é a escravitude e A ignorancia é a forza. Tres contradicións. Tres mentiras. Tres frases ilóxicas en si mesmas. Pero que todos deben crer para garantir a Paz, a Orde e todas esas cousas necesarias para que o Estado Vaia Como Debe Ir.

A noticia (citarei textualmente ) sinala que o PPdG di que hai que derogar o decreto en vigor porque así o galego «avanzará en Galicia» (é dicir, hai que eliminar os espazos gañados para que avance); que o decreto servirá para «converter o galego en nexo entre habitantes e non como elemento de confrontación» (o que quere dicir que antes andabamos a calotes uns contra dous outros e, unha vez que entre en vigor o novo decreto, que chegará a paz); que  «a política de Feijóo promoverá o galego dende a liberdade» e que «os delirios nacionalistas (…) vulneran os dereitos dos cidadáns» (ou sexa, o anterior decreto fomenta a escravitude e o novo fomentará a liberdade). Remata a nova dicindo que o PPdG botará «unha palada de terra» sobre o asunto da imposición.

A xustificación para todo isto é que os pais e as nais é o que opinan e o que queren (tamén poderían opinar ou querer calquera outra cousa sobre calquera outro asunto, por exemplo, que nos comedores escolares só se servise todos os días unha dieta vexetariana, ou cervexa a partir da ESO por dicir dúas parvadas, e non sei se lles atenderían coa mesma dilixencia) e que do que se trata é de «devolverlle a normalidade lingüística á vida dos galegos», claro, porque, ata agora, todo viña sendo profundamente anormal.

Así rematamos o ano.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar