menu Menú
PARA QUEN ANDE POR VALENCIA E ALACANTE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 15, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
'O SEGREDO DE MARCO POLO' FINALISTA DO FREI MARTÍN SARMIENTO Anterior O ERRO HISTÓRICO DA XUNTA Siguiente

Dentro dunha semana andarei por Valencia e Alacante metido de cheo na promoción das versións en castelán e catalán do meu Chamádeme Simbad.

Para quen ande por alí, deixo aquí o programa, amplo e esgotador, pero que seguro que vai facerme moi feliz porque, entre outras cousas, este escritor traballa para, tamén, coñecer a cantos máis lectores e lectoras de cantas máis linguas do mundo, mellor.

Xoves ás 19.30h.: Acto de presentación Em deia Simbad para adultos no Col·legi major Rector Peset.

Venres ás 11.00h.: Acudiremos á Escola Gavina, para facer unha presentación diante dos alumnos de 5º o 6º de primaria.

Venres ás 19.00h.: Acto de presentación Em deia Simbad na librería El elefante en el sombrero de Alacante.

Sábado ás 12.30h.: presentación informal para público infantil na librería Abacus de Valencia.

Pois iso, que nos vemos no Mediterráneo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar