menu Menú
¿PERO NON ERAMOS TRILINGÜES?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 8, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
ALGO TEMOS QUE ESTAR FACENDO MAL (UN POST CON VOCACIÓN DE POLÉMICO) Anterior TOPÓNIMOS Siguiente

as_tres_gracias_de_rubens

Leo, e alucino, que a Xunta puxo a andar unha campaña publicitaria para dar a coñecer a gratuidade, ou a suposta gratuidade, ou a non gratuidade, xa non sei, dos libros de texto, na radio, só en castelán. Eu vira as da prensa, dabondo patéticas, nas dúas linguas. De sempre a Consellería de Educación se comunicou en galego cos pais e nais e sen problema. Ninguén quedaba sen ter noticia da convocatoria de becas ou de axudas aos comedores escolares por ir en galego. Mais, da que nada sabía, era da radiofonica, na que se excluíu o galego, o que indica que probablemente dende a Xunta se considera que a xente que escoita a radio non segue a Radio Galega nin os (poucos) programas de radio que hai na nosa lingua nas emisoras que por aquí se collen.

Se o actual goberno quere defender o trilingüísmo terá que empezar por facer as cousas ben. I say.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar