menu Menú
QUERO Á SEÑORITA BELLINI
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 10, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
UNHA PREGUNTIÑA: ¿ E TI POR QUE TES UN BLOG? Anterior RESISTINDO Siguiente

Da entrevista que hai uns días comentaba con Umberto Eco, hai unha frase definitiva.
Pregúntanlle sobre os seus primeiros profesores. Copio: tuve una educadora fabulosa, aunque tan sólo durante un año; era la señorita Bellini, que todavía vive, tiene 91 años, y cada vez que sale un libro mío nuevo se lo envío. Era una gran educadora; nos estimulaba a escribir, a contar, a ser espontáneos, y ha sido una de las personas que más han influido en mi vida.
Xa podemos rompernos a cabeciña procurando fórmulas que, despois de todo, onde haxa un profesor/a estimulado/a ( aínda que xa dixen o outro día que a cousa está complicada ) que se quite todo o demais.
Se hai señoritas Bellinis o éxito está garantido. Se hai mestras e mestres que estimulen a escribir, a contar e a ser espontáneos, en definitiva, xente que pense menos nos programas e máis na educación, aínda quedará espazo para soñar.
Quero á señorita Bellini.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar