menu Menú
UN PAÍS CEGO E INDIFERENTE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 18, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
SEGREGACIÓN E RACISMO Anterior PREFIRO OS MALOS Siguiente


Hoxe todos os xornais reproducen, algúns con máis espanto que outros, os resultados do Mapa Sociolingüístico de Galcia presentado onte.
Os datos son definitivos, sobre todo para aqueles que repetiron – e non lles foi mal, seica – que o castelán, en Galicia, corría perigo:
– O galego pasou de ser a lingua inicial do 60 % da poboación a só selo dun 20 %.
– En doce anos duplicouse a porcentaxe de persoas que nunca falan en galego. E do 30.5 % que tiñan o galego como lingua habitual, agora só é o 16 %.
– En cidades como Ferrol a porcentaxe de castelanfalantes é do 85 %.
Hai máis. E todos na mesma liña.
Chegados a este punto só cómpre dicir que, pese ao escandaloso que resulta, fales castelán ou galego, o feito de que unha lingua estea a morrer tan claramente polo propio desleixo dos seus naturais, o certo é que a miña sensación é que a este país, despois de todo, o asunto este, maioritariamente impórtalle un pemento.
Xa que logo é un país cego e indiferente.
E a cegueira – tomada aquí como metáfora – é tratable. Pero a indiferencia e o pasotismo teñen un amaño complicado.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar