menu Menú
UN POUCO MÁIS DE MISERIA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 29, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A REALIDADE PARALELA DO PP Anterior EXISTE O XORNALISMO DE OPINIÓN? Siguiente

barça

Parto do feito de que isto que vou escribir vai desgustar a máis de un. Sinto. Ou non, non o sinto. Para iso é a miña opinión, hoxe escandalizada despois de escoitar pola radio que varios cines de Vigo (e dixéronme por aí que tamén na Coruña, pero non teño confirmación do dato), decidiron dar en directo, nas salas, o Barça-Madrid deste domingo. Ou sexa, que colleron un espazo dedicado ao cine para pasarllo ao fútbol. Segundo a crónica radiofónica, cheo absoluto, todo vendido dende había días. Daquela, xa teñen a fórmula para saír da crise e conseguir que a xente acoda ás salas, que non ao cine: en troques de dar películas, que dean partidos de fútbol.

Ou porno en directo, por exemplo. Se do que se trata é de encher a sala…

Xa están as cousas como están para que aínda por riba teñamos que ver como empresas que teñen licenza muncipal para exhibicións de películas (que vén sendo unha actividade cultural) se pasen, tamén, ao pensamento único e obsesivo que nos leva a preocuparnos, só, das accións futboleiras dos profesionais das pelotas (que dubido que poida considerarse actividade cultural).

Paréceme, simplemente, miserable.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar