menu Menú
ANTÍDOTO CONTRA A ESTUPIDEZ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 7, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
O PRESIDENTE DA XUNTA DEBERÍA PASAR UN EXAME LINGÜÍSTICO Anterior O PODER ( POLÍTICO ) DA TELE Siguiente


Hoxe, no suplemento DOM que tamén entrega entre nós o Xornal de Galicia, o pintor Miquel Barceló di unha desas obviedades que me gusta de cando en vez lembrar, por obvias, si, pero sobre todo, porque hai que lembralas e se recordan pouco: A arte é un magnífico antídoto contra da estupidez.
Claro que si. E entronca co que escribín onte. Os poderes políticos deberían esforzarse en sacar á xente da estupidez. Como xa Platón explicou hai case que 2500 anos, un dos obxectivos dos gobernantes debe de ser sacar ao pobo da negritude da ignorancia.
Por iso deberiamos ter outra tele, outro sistema educativo, máis facilidades para acceder ao cine, ao teatro, a compra de libros…
Iso deberían facer se quixeran darnos o antídoto contra da estupidez.
Mais non nolo dan.
Porque igual o que lles convén é que sigamos sendo estúpidos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar