menu Menu
CONTRA OS GRANDES APOCALÍPTICOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 3, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
XA NON HAI RESPECTO Anterior ¿QUE PASA COS XORNAIS AQUÍ? Seguinte


Hai moito tempo que dimitín da lectura de Almudena Grandes. Cando novo, aínda lle lin as súas primeiras obras. Non me desagradaron. Sen embargo, hai ben de tempo que non dou entendido o por que do entusiasmo colectivo polas súas novelas.
Coma sempre digo nestes casos: estou certo de que o problema é meu. Tantos lectores contentos non poden estar trabucados…
Sen embargo, parécenme moito máis atinadas, ás veces, as súas opinións. Concretamente o que falaba o outro día en El País entrevistada co gallo da súa participación na Feira do Libro de Madrid ( xa explicamos o que pasa coas nosas feiras e o caso que nos fan os medios de aquí ).
Copio e suscribo: Las nuevas tecnologías no afectarán a la literatura ni al libro como objeto. No murió el teatro, mucho menos morirá el libro. No pesa, no necesita alimentación eléctrica, le puede dar el sol o puede incluso mojarse. Los apocalípticos se han equivocado siempre.
Grandes argumentos contra a Apocalipse.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar