menu Menu
DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 2
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 10, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO (e 3) Anterior DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'As palabras da néboa' Seguinte

Eu non creo no destino. Pero si nas casualidades. Aínda que é moito máis lindo crer, por suposto, no destino. Tamén é moito máis literario.

E sería polo destino, ou mellor, pola casualidade, que Marco Polo foi preso polos xenoveses despois dunha batalla contra os venecianos, e metido no cárcere durante uns cantos anos. Alí, aborrecido, estaba un escritor de romances, Rustichello de Pisa. Levaba 14 anos alí metido cando Marco Polo, e as historias que tiña que contar, entraron. Marco Polo tiña as vivencias e a arte de narralas. Rustichello sabía escribilas. E desa colaboración naceu, grazas a esa casualidade ou ao destino, o Libro das Marabillas do Mundo.

Ese mesmo libro, anos despois, alguén o poría nas mans dun novísimo Cristovo Colón (a imaxe que ilustra este post é unha páxina do libro de Marco Polo coas anotacións de Colón). As historias de Marco Polo escritas por Rustichello de Pisa ían servirlle de inspiración para iniciar unha viaxe que ía mudar a historia da humanidade.

Así que parabéns para quen detivo a Marco Polo e o meteu entre rexas. A que montou.

Entre outras cousas, que eu escribira o meu libro.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar