menu Menu
ESTE ESCRITOR É UN POUCO PARVO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 4, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
NON SER RESENTIDOS Anterior O CASO É CRER NOS SOÑOS Seguinte

De cando en vez é importante que os fillos nos dean leccións de humildade e nos lembren que podemos ser moi parvos.

Tal me aconteceu hai ben pouco, mentres axudaba ao meu fillo co exame de Lengua Española. Estabamos con iso da métrica e tal, e dándolle duro ao cuarteto. Daquela, reparei en que a estrutura métrica é A B B A, co cal, feliz da vida, interrompín a sesión de estudio para promulgar o meu grandísimo descobrimento:

– ¡Claro, por iso o grupo se chama así, ABBA, porque eran catro, dous homes e dúas mulleres!

Solteino e fiquei todo cheíño de min mesmo.

El, moi serio, erguendo a ollada do libro, contestou:

– Para nada, non é por iso.

– A ver – repliquei – se hai alguén que sabe de música por aquí son eu. E non é por nada, pero son escritor, como sabes.

(Agora que escribo isto decátome do absurdo do meu comentario; por iso está moi ben o que me contestou).

Ollándome de carranca e poñendo cara en plan coa de posibles pais que hai foime tocar este, soltou a frase definitiva:

– Os compoñentes de ABBA son Anni, Benny, Björn e Agnetha, ou sexa, A B B A.

Ergueuse e, dándome unhas palmiñas na calva, preguntou:

– ¿Agora, seguimos estudando?

Non abrín a boca o resto da tarde.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar