menu Menu
EU SON COMA BECKHAM
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 9, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
GALEGO, MUNDO, VIDA E XENTE Anterior ¿QUE FACEMOS CO DÍA DAS LETRAS? (Queda aberto o debate ) Seguinte


Veño de ler os resultados dunha enquisa sobre os hábitos de lectura de revistas culturais. Como leo unhas cantas, interésanme os resultados.
Os que lemos este tipo de revistas botámoslle unhas tres horas a cada exemplar. Vale.
Os que lemos este tipo de revistas estamos no cumio da nosa vida profesional e cunha personalidade altamente emprendedora. Será.
Ocupamos postos de responsabilidade. Veña ho.
Clase social alta (¿o que?), arredor de 40 anos (cuspidiño ), e personalidade estable ( nesas estamos ).
E agora, o máis alucinante.
Eu son coma Beckham.
Porque segundo ese estudo, os lectores habituais de revistas culturais son lideres de opinión e creadores de tendencias.
Teño a autoestima polas nubes.
(Podes opinar sobre isto e recorda que temos aberto un debate. Xa hai incluso quen se sumou a el)


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar