menu Menu
MARCO POLO O FASCINADOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 7, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
QUE O GOBERNO NOS SALVE! Anterior OS FUTBOLISTAS DEBERÍAN SER MUDOS Seguinte

Escribín O segredo de Marco Polo, en parte, polo propio Marco Polo, polo fascinante que é a súa figura e, sobre todo, a súa aventura. Dores Tembrás explicou moi ben isto o día da presentación e tamén no seu blog. Unha das cousas que quería contar na novela é como Marco Polo vai fascinando ao soldado Marco a medida que vai contándolle as súas viaxes.

Coido que Marco Polo é un dos grandes fascinadores da historia. Dende que apareceu o seu Libro das marabillas do mundo, no que relataba os seus 24 anos de aventuras, temos sido millóns os que temos bebido, fascinados, da súa viaxe para, ao noso xeito, tentar a nosa propia.

Por iso hoxe non me sorprendeu nada ler que Cristóbal Colón, gran coñecedor dese libro, fixo levar con el un intérprete de arameo, hebreo e árabe, para poder falar co Gran Kahn do que falaba Marco Polo e, así, saber das fabulosas riquezas das que falara o Veneciano.

Poucos coma el teñen excitado tanto a imaxinación humana. Botei un ano enteiro con el para escribir a novela.

Foi unha viaxe, tamén, marabillosa.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar