menu Menu
MEDRA A LITERATURA FANTÁSTICA. NORMAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 21, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
NO PASAMENTO DE PAUL SCOFIELD E DAS UTOPÍAS Anterior XUÍCES POETAS Seguinte


Leo en moitas partes que está a medrar o interese entre os lectores xa non tan novos, pola literatura fantástica. O feito, en si mesmo, é redundante, porque toda literatura é fantástica.
Pero dando por feito que sexa un xénero todo iso dos monstros, as realidades paralelas, a épica dos aneis e das probas iniciáticas e tal, o único que teño que dicir é: normal.
Porque a realidade é tan sumamente aborrecida(veño de mercar o xornal, disimulen ) que dan gañas de irse a viaxar por aí con elfos, reencarnacións de Arturo e unha boa Xenebra. Co personaxe, digo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar