menu Menu
POR QUE NON VOU AO PSIQUIATRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 21, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Canción para Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en 1936 (2ª parte) Anterior A MERDA ESA Seguinte

Hai ben de tempo que non me interesa o Premio Planeta. Nin os premios nin os premiados. Aínda que de cando en vez lle caia a alguén interesante como este ano a Carmen Amoraga, finalista, que non gañadora (adoitan ser máis interesantes literariamente os finalistas que os premiados no millonario certame planetario), á que lle teño lido, no pasado, novelas, lixeiras pero moi interesantes e ben escritas.

Da edición deste ano quedo cunhas súas declaracións, cando dixo que toda a literatura é de autoaxuda.

Concordo ao cento por cento e os que seguides este blogue xa o sabedes. A literatura, para min, é balsámica, necesaria coma o aire, pretexto para soportar o mundo, posibilidade de melloralo, lugar onde habitar e vivir.

Díxeno mil veces: grazas a que escribo non estou de psiquiatra.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar