menu Menu
Spam
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 2, 2007 0 Comentarios 3 min lectura
Un Bosque Cheo de Faias Anterior Río Leteo Seguinte

spam

Comentarios anteriores:

1 Gustoume e, como xa teño manifestado no blog, teríame gustado aínda máis se se afondase máis na relación entre Gómez e ELA.
Opinou X (22-01-2007 15:12)
2 Moitas grazas, X.
Opinou náufrago (22-01-2007 15:42)
3 Boa idea, Francisco.
So falta poder mercar os teus libros a través do teu blog.
Eu, que non teño libros, nin me invitan a recitar nin un miserable poema en ningún lado, teño alguns dos meus poemas recollidos en sete blogs distintos. Hay un enlace nas miñas praias.
Saudos
Opinou Rafael (22-01-2007 19:43)
4 Grazas. Pero mellor os libros que se vendan nas librerías.
Opinou náufrago (22-01-2007 19:46)
5 ola francisco,
onte rematei de ler o spam. é un libro de moi fácil lectura, engancha. iso para min é importante porque turra dos ollos. ten outra cousa, o narrador dobre; explícome: o autor non deixa ao narrador tranquilo nin un intre, así que un mesmo ente narra a dúas bandas, por unha parte a historia e pola outra o autor, veña a facer precisións, a darlle a volta ao traballo do narrador… en fin… pinchacarneiros no aire, tomando partido na historia e ademais consegues, dende o meu punto de vista, que a linguaxe perda solemnidade empregando termos moi comúns.
bueno, continúe dándolle ao manubro das historias. xa chegamos a un punto no que por sorte, contar non está vetado para ninguén.
ah!!!, encantoume a dedicatoria, que todo menos a túa muller e fillo é relativo. iso paréceme precioso.
unha aperta
Opinou beatriz (27-02-2007 21:48)
6 Grazas, Beatriz.
Opinou náufrago (28-02-2007 08:48)
7 ola,
rematei o teu libro ó pouco tempo de mercalo. Case sen respirar, dende a primeira páxina ata a derradeira. Sorprendes mesturándote no texto, facéndote presente cada intre, e a trama é tan vivaz que non podía parar de ler, nin quería…
Podo dicirche que me encantou estar neste lado de la narración.
Eu tamén penso que a dedicatoria é una grande declaración do teu sentir, e iso, é o importante, o único.

Un saudiño.

Opinou María Xesús. (09-05-2007 10:54)
8 Moitísimas grazas, María Xesús. Encántame ler opinións coma a túa, tanto sobre o libro como sobre a dedicatoria. Bicazos.
Opinou náufrago (09-05-2007 11:36)
9 Onte rematei Spam, regaleimo por Nadal xunto con As palabras de névoa.
Teño que recoñecer que empecei a léelo moi critica, coma todos os teus libros, pensando que quizais abusabas un pouco do narrador entrometido. Pero rematei tan metida na historia que esquecín que era un libro escrito por ti. Nunca pensei que esta historia pódese chegar a gustarme tanto. Nora boa.
Opinou Susi (08-01-2008 11:05)
10 Moitas grazas, Susi. Valoro moito os comentarios dunha lectora tan competente coma ti.
Opinou náufrago (08-01-2008 11:38)
11 Moi interesante a personaxe de Gomez e a súa paranoia. Gustoume moito. Un libro moi axil. Causoume algo de estrés a acción.
Opinou hormiga (13-01-2008 22:34)
12 ¿Stress?
Opinou náufrago (13-01-2008 23:34)


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar