Quedoume sen dicir nada desta interesante entrevista con Gloria Lago, cabeza visible de Galicia Bilingüe, no Xornal de Galicia a finais de Agosto.
Destaco unha frase porque quixera facerlle unha pregunta a Gloria Lago para que ma conteste, no improbable caso de que ela sexa lectora deste blog, que non creo, pero por se acaso.
Na conversa, feita por certo en galego, sinala: “Non nos gustaba a imaxe das galescolas porque as bandeiras non teñen cabida nos centros de ensino”.
Esa é a súa opinión. Moi respectable e sobre a que non teño nada que dicir pero si algo que preguntar: ¿os crucifixos que presiden as aulas dos colexios católicos si teñen cabida nun centro de ensino?, ¿por que as cruces si e as bandeiras non?
Agardo pola súa resposta.
E por suposto, polas vosas opinións.
( Para orientar as respostas, ver aquí)
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.