menu Menu
UXÍO NOVONEYRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 27, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
VOU TER UN PROBLEMÓN Anterior OUTRO PROGRAMA DE LIBROS ELIMINADO Seguinte


Hoxe soubemos que a Real Academia decidiu que o ano que vén o autor homenaxeado no Día das Letras e, por extensión, durante todo o ano, será Uxío Novoneyra.
É unha boa decisión. Poucos coma el teñen merecido máis o título de poeta en todo o que iso significa: non só alguén que escribe versos ( iso facémolo moitos con maior ou menor talento ) senón alguén que destila, no seu falar, no seu dicir e no seu estar, poesía. Dos recentes, só notei tal en Bernardino Graña e no xa finado Manuel María.
Será un ano bo para a poesía.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar