menu Menu
A POESÍA FAI MÁIS VIVIBLE A VIDA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 20, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU POEMA PARA ALEXANDRE BÓVEDA Anterior O NOMIÑO DA ROSIÑA Seguinte

No suplemento dominical do Xornal de Galicia viña unha interesantísima entrevista con ese poeta grande que é Juan Gelman e a quen o ano pasado a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega declarou Escritor Galego Universal.

Na conversa, dicía unha frase que me sacudiu por dentro por completo: A poesía non é un oficio, máis ben é unha desgraza.

Teño para min que, independentemente do complexos que son as veces os procesos creativos, máis aló do sufrimento do artista (que existe e que é verdade) de non ser pola poesía, pola música, e por outras artes, a vida sería un lugar moito máis triste. Isto é así: o animal humano é quen de facer guerras e sabe esforzarse moito e con moita dedicación, ao labor de lle facer a vida peor a si mesmo e a todos os demais. Sen embargo, o animal humano é quen de se emocionar grazas a unha feliz conxunción de notas musicais ou de versos inspirados.

Así que si: a vida é máis vida porque hai poetas que nola contan. Espero, algún día, sabela contar tamén eu en forma de poemas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar