Leo agora que volven editarse as historias do Capitán Trueno.
Leo iso e de súpeto véxome a min mesmo lendo na cama, con sete anos ou así, os tebeos ( daquela aínda non cómics nin banda deseñada , tapando a lámpada coa parte de enriba do pixama para que meu irmán puidese durmir.
É innegable que todos os que andamos polos corenta anos ( Trueno saiu hai 50 ) temos entre as nosas influenzas máis destacadas, eses heroes dos tebeos que loitaban contra tiranos, vivían todos os días aventuras, amosaban unha fidelidade polos amigos inmensa e, sobre todo, vivían por e para a xustiza no mundo.
Trueno. Crispín. Goliat.
Ademais agora enterámonos de que o autor era de esquerdas e, como non podía dicilo así de claro na España franquista da época, aproveitaba para facelo disimuladamente poñendo ao Trueno a loitar contra as tiranías, as dictaduras e os gobernantes opresores… pero polo mundo adiante.
Xa sei o que pedir como agasallo de Nadal.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.