Levei unha grande alegría onte cando tiven noticia de que, por primeira vez na historia da literatura galega, ía emitirse por televisión un anuncio dunha novela en galego, concretamente de Home Sen Nome de Suso de Toro. Un anuncio na tele e en Nadal… Pinta bonito.
Pensei: que gran nova, así se verá a literatura galega máis, que ben, que ben, que ben, xa non seremos tan invisibles.
Mais a ledicia duroume ben pouco. Hoxe, ás sete e media da mañá, sentei un rato, antes de almorzar, a ver as novas da televisión.
Poño CNN+. Sáeme a locutora falándome de que xa sae o novo libro de Alatriste, que leva non sei cantos millóns vendidos, moreas de fotógrafos por todas partes, flashes, Arturo Pérez-Reverte falando do libro. Publicidade gratuíta para un libro que non o necesita. Zapeo. Poño Telecinco. Arturo Pérez Reverte falando de Alatriste, flashes, moreas de cámaras, o autor falando do seu libro. Máis publicidade gratuíta.
Penso que estou ledo polo anuncio dun par de segundos do libro de Suso de Toro na televisión. Alédome con toda a alma. Mais poño a alma a chorar diante da evidencia do pequerrrrrrrreeeeeecccchhhiññña que é considerada a nosa literatura desde fóra, as poucas posiblidades que, diante de tanta descompensación, temos para saír adiante.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.