menu Menu
¿PODO SACAR PEITO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 29, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
A XENTE SERIA DÁ RISA Anterior AMOR, DESAMOR. A VIDA Seguinte

Hoxe vai de autobombo e de sacar peito e tal.

De cando en vez precisamos días así.

Vai.

Estase a promocionar con moita forza unha novela titulada Egosurfing de Llúcia Ramis, merecente do Josep Pla e que publica Destino. Todo o mundo fala moi ben dela, e entre outras cousas trata diso, do egosurfing, que ven sendo o costume, practicado diariamente (segundo estudo da páxina de Search Engine Web) por entre 25 e 50 millóns de persoas, insisto, ao día, e que consiste en buscar, en especial no google, o teu nome para ver onde saes na rede, que din de ti, onde figuras. Imaxinen a depresión de quen se teclea no buscador e non aparece.

Os expertos chámanlle a isto Narcisismo 2.0. e explican que a auxe desta actitude son os blogs e as redes sociais.

Vale.

Sen entrar na análise sociolóxica, dicíalles que eu o que quería era sacar peito.

E aproveitar para comentar que a primeira novela na que eu escoitei falar de egosurfing foi en Spam, na que se falaba, tamén, dun grupo de xente que se organizaba, tal facebook, arredor dun tema para comentar, ver fotos, opinar e compartir cousas sobre o seu grupo.

En fin.

Disimulen a vaidade.

Pero a este menda tamén se lle deu por escribir destas cousas. Hai xa ben de tempo, por certo.

Dixen.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar