menu Menu
EU TAMÉN UTÓPICO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 1, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
DÉIXENME SER DEMAGOGO Anterior UNHA PREGUNTA PARA UN DEBATE SOBRE A LECTURA Seguinte

Remataron os actos de homenaxe a Bernardino Graña. Da cea xa demos conta aquí.
Agora quero amplificar unhas palabras súas cheas de sabedoría, pronunciadas o sábado durante a presentación do libro editado por Xerais e dedicado á súa obra e coordenado por ese loitador da nosa literatura que é Heitor Mera.
Dixo Bernardino e recolleu La Voz de Galicia e nós suscribimos: «Mantéñome na utopía de que neste século XXI haxa o que nos prometeran no século XX: menos traballo e máis tempo para ler. Espero que cheguen as semanas de catro días e o resto, para descansar, durmir e tamén ler. Nos anos cincoenta nos dicían que non ía ser necesario traballar tanto, porque viñan as máquinas, os robots e que os xaponeses estaban dalle que dalle».
Gusto desa idea.
Semanas de catro días. E logo ler.
Menos traballar e máis ler.
Menos stress e máis lectura.
Menos horarios laborais e máis palabras.
Eu tamén utópico.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar