menu Menu
OXALÁ, SEÑOR FEIJOO, OXALÁ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 23, 2008 0 Comentarios 2 min lectura
MARIMANTA Anterior NON HAI QUEN OS ENTENDA Seguinte

Nunha completa entrevista en El País, o candidato popular á presidencia da Xunta, Alberte Núñez Feijoo fala así sobre o “conflicto lingüístico” ( así é como o di o xornal, que xa ten coña ): El PP lo tiene resuelto. Derogaré el decreto que es la causa del conflicto y preguntaré a los padres antes de proponer un pacto a PSOE y BNG. Queremos libertad para los padres en educación infantil y equilibrio lingüístico al final de cada ciclo formativo. Pusimos 50% como mínimo de las asignaturas en el Plan de Normalización Linguística para unir en el consenso a los nacionalistas. Pero no se puede utilizar eso para impartir el 80% o el 90% en gallego.Se ha utilizado torticeramente un pacto y eso es tanto como incumplirlo. Aquel plan no decía que la lengua vehicular sería el gallego
Non imos pararnos sobre o sentido que pode ter preguntarlle aos pais e ás nais sobre asuntos referentes á educación dos fillos. A educación é algo que non se pode deixar ao arbitrio, gusto ou crenzas dos proxenitores, que son pais e nais, si, pero iso non é garantía de que o que digan teña necesariamente sentidiño. Por exemplo a meirande parte dos pais e das nais poderían pedir, é un supoñer, que os nenos inmigrantes estudaran a parte, ou que non se permitise estar na escola a xitanos, ou que os nenos galegofalantes e os españolfalantes estivesen segregados. Aínda que tal cousa desexaran, os criterios deben de ser outros. E educarse na lingua do propio país debería de ser algo normal. Así é, de feito, en todos os países do mundo ( e xa me parei de máis ).
Pero no que si habería que pararse é nesa, cando menos, “inexactitude” referida a que se imparten o 80 ou o 90 por cento das asignaturas en galego. Os estudos feitos en serio sobre a materia deixan claro que non se cumpre o decreto que el, en canto goberne, derogará. El sabe que iso non é certo. El sabe que moitos docentes que están obrigados por lei a impartir a asignatura en galego ( obrigados por lei, insisto ) non o fan porque non lles peta. El sabe que na meirande parte dos casos un cativo galegofalante en canto chega ao ensino se castelaniza. E el sábeo e por iso non podo entender que se poña agora tan extremista.
Xa que logo, só me resta repetir o que o outro día unha profesora me dicía sobre o da metade das asignaturas en galego: “oxalá, eu xa me daba por satisfeita se se desen a metade, como manda a lei”.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar