menu Menu
UN CURA CON SENTIDIÑO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 12, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
A WEB DE XERARDO MÉNDEZ Anterior CRÓNICA URXENTE DO GALEUSCA Seguinte


Xa me tardaba recomendar esta entrevista con Xosé Reboiras, secretario xeral da Federación de Relixiosos do Ensino, onde demostra que aínda queda xente, dentro da Igrexa católica, con cabeciña. Cando menos no que ao asunto lingüístico se refire.
A Federación é célebre por promover o uso do galego, e pola organización dun premio que é todo un referente dentro da Literatura Infantil e Xuvenil como é o Frei Martín Sarmiento. O día que fan a Festa da Lingua moven a milleiros de rapazas e rapaces nunha xornada lúdica arredor da nosa fala.
Na entrevista, este sacerdote é contundente: o galego é a lingua que está en perigo, non o castelán. Clarísimo. E máis adiante: os rapaces viven nun medio no que predomina a lingua castelá, os medios de comunicación están no mesmo idioma e tamén as novas tecnoloxías.
Reconforta saber que na Igrexa católica, historicamente unha institución galegófoba e pouco dada ao sentido común, conta entre os seus membros con cabezas lúcidas coma esta.
Planteamentos así son moi bos para todos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar