menu Menu
Rexistro de soños 12
4 de maio de 2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Maio 4, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Rexistro de soños 13 Anterior Un tiempo en el que se fusilaba por enseñar a leer Seguinte
Soñei que era un cantante brillante nos 80.
Que enchía teatros.
Que soaba nos 40 Principales.
Fun a Tocata, La Bola de Cristal e La Edad de Oro.
Soñei festas e cocaína.
Mulleres de plástico e felicidade de alcanfor.
Soñei limusinas e billetes de mil pesetas por todas partes coma agullas hipodérmicas.
Soñei abandono, esquezo. Enfermidades novas polo sangue. Violencia. Máis olvido.
Repulsión.
Espertei soñando coa Xeración Perdida que levou por diante as drogas. Tan, tan perdida.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar