© Francisco Castro 2018
Vargas Llosa en les eleccions xilenes feia costat a l’ultradretà José Antonio Kast. Doncs va guanyar l’altre. També va secundar, en les del Perú, Keiko Fujimori. Va guanyar l’altre. (el resto del artículo, aquí)
Velaquí o meu artigo derradeiro do ano. Escribiuno o corazón, non a cabeza.
Hai hoxe catro décadas do primeiro concerto de Siniestro Total. Considérase que aí empeza a Movida de Vigo. Sobre iso escribo hoxe nas páxinas de Cultura de La Voz de Galicia.
Para quen me queira coñecer ben… velaquí as miñas respostas ao famoso Cuestionario Proust.
Dende hai uns anos, a dereita política e mediática conseguiron convencer a millóns de traballadores de que os simdicatos sobran, que están subvencionados para que se aproveiten catro listos. E eu digo: menos mal que están os sindicatos para frear a voracidade caníbal do capitalismo máis descarnado. O meu novo artigo en La Voz de […]
Partindo da anécdota daquel programa no que Uri Geller fixo crer a millóns de españois que tiña superpoderes, reflexiono sobre uns medios de comunicación e unhas redes sociais que hai ben de tempo que renunciaron a contarnos a verdade. Espero que vos guste o meu novo artigo en La Voz de Galicia.
Hoxe pasei polos micrófonos da Radio Galega convidado polo gran Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante para conversar, con Alfonso Espiño sobre o documental “Get Back” que se estreou a semana pasada. Unha conversa moi divertida. Aquí queda.
“Está documentado cientificamente: nenas e nenos que chegan falando galego aos colexios, nuns anos, só falan castelán. Esa é a realidade. E malia ser esa a realidade, temos que aturar que se nos continúe demonizando por dicir que queremos, en Galicia (non en Sebastopol ou Madrid, en Galicia), poder vivir en galego con normalidade”. O […]
20 ANOS SEN GEORGE HARRISON Hoxe hai 20 anos que morreu George Harrison. Sobre el escribo hoxe en La Voz de Galicia. Un xigante!
Velaquí queda o meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia en defensa da asignatura de Filosofía, reducida ou eliminada na práctica na nova Lei de Educación. Nunca coma hoxe foi necesaria a Filosofía. Para facer cidadáns críticos que pensen por si mesmos. Igual é que non interesa e se prefiren cidadáns obedientes e […]
Completísima entrevista que me fixo Julio Alonso para o xornal Vigoé. Falamos de mil cousas. Cultura, música, literatura, política… Coido que quen me queira coñecer, aquí ten moito.
O cumio do clima non serviu, coma sempre, para nada. Fronte do capitalismo, o planeta, que se destrúa. Non se vai consentir a perda de beneficios. Ao planeta, que lle dean. O capitalismo é sagrado. O meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
Velaquí queda a entrevista que hoxe publica La Voz de Galicia, e que me fixo o tamén escritor Xesús Fraga, arredor do meu O CEMITERIO DE BARCOS. Espero que vos guste.
Velaquí queda unha longa entrevista sobre o meu O CEMITERIO DE BARCOS en Nós TV. Falo de moitas cousas: memoria histórica, o amor tóxico…espero que vos guste.
A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Francisco Castro Veloso, escritor do libro “O cemiterio de barcos” Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades. E na que Lucía, a protagonista, vén de saír dunha relación tóxica […]
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.