menu Menu
Diario dun náufrago 6 (DE FALSOS SUICIDAS)
31 de agosto de 2019
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Diario dun náufrago, Uncategorized @gl en Agosto 31, 2019 0 Comentarios 1 min lectura
Concellos infelices Anterior Diario dun náufrago 5 (PROMESAS E CÁRCERE) Seguinte

Onte, tomando a enésima cervexa polo Barrio Húmedo de León, achegóuseme un home a pedir. A verdade é que dou sempre a quen me pide, e hai quen se me amola por este meu hábito, porque polo xeral, segundo se me argumenta, non piden para comer. Eu non xulgo. Eu tamén bebo e fago cousas que non debería cos meus cartos. Eu tamén me dou, por sorte, á mala vida.

Sen embargo, este home, e sen que eu llo pedise, indicoume o por que da súa petición.

-Pido para poder comprarme una pistola con balas de corcho.

-¿Y eso? – preguntei moi estrañado.

-Para suicidarme de mentira.

Polo xeral dou as moedas que teña no peto. Desta volta saquei un billete de cinco euros. Ben o merecía.

Pedín outra cervexa e, bebendo en silencio, dei en concluir que igual que hai quen se suicida de mentira, tamén hai moita xente que vive de mentira ou ama de mentira.

Marchei, logo de tomarme unha máis á saúde do falso suicida,

disposto a vivir o que me quede con toda a verdade posible.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar