Que clase de sistema é este que é quen de atopar, de súpeto, tropecentosmilmillóns de euros para rescatar un banco, esa entelequia diabólica, pero que non os ten para rescatar a xente?, que clase de sistema é este que é capaz de organizarse a nivel político para matinar un plan para rescatar a banca española, esa entelequia diabólica, pero non aos millóns de excluídos que pululan a súa xeografía e que tanto o precisan?, que clase de sistema é este que depende dos mercados, esa entelequia diabólica, e non das persoas?, que clase de sistema é este no que os partidos políticos, esas entelequias diabólicas, pospoñen as necesidades das persoas aos réditos electorais?, que clase de sistema é este no que os beneficios, esas entelequias diabólicas, son prioritarios fronte da caridade?, que clase de sistema é este no que a Eurocopa, esa entelequia diabólica, paraliza conciencias, anula malestares e alegra vidas?, que clase de sistema é este, no que a bolsa, esa entelequia diabólica, marca o ritmo do mundo?
Que clase de sistema é este?
Quen o sabe?
Quen se atreve a poñerlle un nome?
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.